Mistos
Levas unha vida de misto
esperando unha morte de misto.
Ti mesmo dicíasme
que máis cru que morrer
é vivir sen saber para que.
E queimáchesme as xemas dos meus dedos
querendo ou sen querer
cando che deches lume a tí mesmo.
Non quero
Non quero unha patria que me enterre
que me traia á boca aquilo que queriamos ser.
Non quero un amor que me fatigue
que se me suba ao pescozo só por vinganza.
Non quero unha nai que me protexa
se non a teño á beira cando o tempo se me vai.
Sen patria, nin amor, nin nai
a onde poderei volver?
No hay comentarios:
Publicar un comentario