sábado, 17 de octubre de 2020

Elisa Diaz Castelo, El Reino De Lo No Lineal

 La poeta y traductora mexicana Elisa Díaz Castelo se alzó con el Premio Bellas Artes de Poesía Aguascalientes 2020 con el poemario El reino de lo no lineal, “un texto original, unitario, coherente, con buen manejo del verso y emotivo”, según el jurado.


El Premio Bellas Artes de Poesía Aguascalientes es para poemarios con tema y forma libres y con una extensión mínima de sesenta cuartillas. Entre los escritores condecorados con este reconocimiento figuran Juan Bañuelos, José Emilio Pacheco, Jorge Esquinca, Malva Flores y Myriam Moscona.

Fuente: LETRALIA






UN poema del Libro Premiado
El poemario tiene dos partes, VUELTA e IDA
el poema pertenece a IDA



ORFELIA SE PONE LA PIYANA

        Olvido para que me sirve el cuerpo.
        Se ha cerrado sobre sí mismo y hace mucho
        que no soy, casi, nadie. En otras palabras,
        duermo hasta volver 
        a mi virginidad. Duermo tanto. Todas
        mis cicatrices duermen también.
        Dejo entrar todo lo que se aleja y no sé
        mirar hacia delante. Mírame, Esto
        es lo que el tacto puede hacer.
        Aprendo cosas nuevas: a caminar lento,
        a respirar adrede, a masticar vente veces.
        Cubro cada árbol con el recuerdo de las hojas.
        Hago listas de reproducción
        para que los muertos se desvelan con mi sombra.
        Me hago vieja. Lo tengo aquí conmigo. A mi cuerpo.
        Es extraño llevarlo a todas partes: un niño
        pequeño en brazos. Un muerto. Pensar que no
        se quedó contigo esa última noche.
        Levantaste un poco mi blusa y preguntaste:
        ¿puedo quitarte esto? Como si hubiéramos vuelto
        a recién conocernos, desandados nuestros cuerpos
        por la despedida hasta el anonimato. Tal vez
        de tanto y tanto tocarnos nos borramos. Nos borramos.
        
        





Foto: José Ángel Leyva


Biografía sacada de RESPIRANDO EL VERANO

Elisa Díaz Castello. Poeta y traductora mexicana. Estudió Letras Inglesas en la Universidad Nacional Autónoma de México UNAM y cursó la Maestría en Literatura Creativa en la Universidad de Nueva York (NYU) con el apoyo de las becas Fullbright y Goldwater.

Fue becaria del programa Jóvenes Creadores del Fondo Nacional para las Culturas y las Artes FONCA 2015. Además, recibió la beca en poesía de la Fundación para las Letras Mexicana (FLM)2016.

Obtuvo el Poetry International Prize 2015 de la revista Poetry International y el Premio Nacional  
de Poesía Alonso Vidal 2017.

Ha publicado en revistas nacionales como Los Bárbaros, Periódico de poesía, Tierra Adentro y Sobremesa, entre otras. Sus poemas en inglés han aparecido en Tupelo Quartely Poetry International.

A galega Olga Novo gaña o Premio Nacional de Poesía

A galega Olga Novo gaña o Premio Nacional de Poesía





A poeta galega Olga Novo (Foto: Kalandraka)
 Imaxe de arquivo da poeta galega. (Foto: Nós Diario)


poeta Olga Novo Presa vén de ser recoñecida co Premio Nacional de Poesía 2020, que outorga o Ministerio de Cultura e Deporte. Este galardón, dotado cunha contía de 20.000 euros, vai para a obra Feliz Idade.
O xurado destaca da peza que é “un relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis aló do tempo”.
Igualmente, as persoas expertas resaltan que o libro da autora orixinaria do lugar de Vilarmao, na Pobra do Brollón, “é unha criatura viva que relaciona a maternidade e a morte cunha profunda presenza crítica da memoria histórica”.
A distinción a Feliz Idade, obra publicada na colección Tambo de Kalandraka, súmase ao recente Premio Nacional da Crítica Española no apartado de Poesía Galega e ao Premio Gala do Libro 2020. O eixo de Feliz Idade é o ciclo vital que abrangue o tempo desde o nacemento e a nenez da filla da autora até o declive físico e o pasamento do pai desta, polo que se trata dun poemario cunha intensa implicación sentimental e emocional.
Comeza cunha carta-limiar dirixida á nena sobre a importancia das raíces familiares e da terra de Vilarmao, na localidade da Pobra do Brollón, onde habitaron os seus ancestros, polo que nestes versos tamén teñen moito protagonismo o mundo rural e o seu progresivo abandono.
“A voz poética de Olga Novo, inconfundíbel e de gran potencia”, afirma o xurado do Premio Nacional de Poesía 2020, “conxuga autenticidade e verdade, e distínguese pola súa linguaxe visionaria que trae á contemporaneidade o eco ancestral de toda unha tradición literaria”.
Precisamente, en Feliz Idade xúntase a pegada de voces literarias diversas, desde Rosalía de Castro ou Luís Pimentel, a John Berger, Walt Whitman ou Dylan Thomas. Vidas, persoas e historias son a materia prima deste libro que enlaza pasado, presente e futuro a través das distintas xeracións dunha familia.
Trátase dunha poesía sinestésica, elaborada desde a madurez biográfica e literaria dunha escritora que reflicte -con autenticidade e paixón- a evolución da vida.
Poeta, filóloga e profesora de Ensino Secundario en Monforte, Olga Novo exerceu antano a docencia nas Universidades de Rennes e de Lorient, na Alta e na Baixa Bretaña. Ademais de numerosas colaboracións en revistas e antoloxías, publicou os títulos A teta sobre o sol (1996), Nós nus (1997, Premio Losada Diéguez), A cousa vermella (2004) e Cráter (2011, Premio da Crítica). Como ensaísta, é autora, entre outros, dos volumes O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999, 2008) e Uxío Novoneyra. Lingua loaira (2005, Premio de Investigación Ánxel Fole).
Feliz Idade é segundo Premio Nacional de Poesía que recibe unha obra publicada na colección Tambo de Kalandraka, despois de Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro, en 2013. Foi o primeiro poemario escrito orixinalmente en lingua galega que resultaba galardoado con este recoñecemento do Ministerio de Cultura.