jueves, 31 de marzo de 2011

IV SEMANA DA POESÍA SALVAXE

IV semana de
poesía salvaxe
de ferrol 27-28-29-30 de abril/2011
a palabra
encarnada
DIA 27 de Abril/mercores:
18,30.h. no CANTON DE MOLINS, darase lectura a proclama, coa participacion de
GUILLERMO FERRANDEZ, VICTOR M. DIEZ Y JUAN CARLOS VALLE "KARLOTTI"
23,00 h en el PUB CAZADORES, O LEO, con os seus poemas dos escombros en flor
DIA 28 de Abril/xoves:
11,30 h., no MERCADO DA MAGDALENA, lectura de poemas de OLGA NOVO,
precedidio por a invocacion musical de Al Vidal y Eli Quartier
13,00 h., nas ruas da cidade lecturas e voadura da vida cotidia pola forza da PALABRA
ENCARNADA
18,00 h., na Praza do Inferniño POETICASESSION a cargo de todas y todos los
poetas participantes en esta Seman, asi como la inestimable participacion de todos
os que esten presentes nela.
23,00 h., na SALA SUPER 8, recital de poemas a cargo de TIAGO GOMES E PEDRO MOURA.
DIA 29 de Abril/ venres:
11,30 h., no MERCADO DE RECEMIL, lectura de poemas dos compañeiros.
portugueses VICTOR M. DIEZ, KARLOTTI, e os insomnes gatos con sua musica pra
andar por os tellados.
13,00 h., PASACALLES coa PALABRA ENCARNADA NA PUNTA LA LINGUA DENDE O
MERCADO HASTA O CENTRO.
18,30 h., na BIBLIOTECA MUNICIPAL recital dos seus poemas por parte de MARIA
DO CEBREIRO.
20,00 h., en Canido intervencion do colectivo ALG-A que tendra continuacion as
23,00 h., no PUB CARTELES, donde intenvendremos improvisadamente todxs xs
poetas.
DIA 30 de Abril/sabado:
13,00 h., escoitaremos os poemas de CARLOS OROZA, o decir mais potente e
magnifico que se pode escoitar como un milagro da forza da palabra pra
transformarnos, anque soo sea por un momento, que se presume eterno.
20,00 h., na CAPILLA DO TORRENTE, o musico improvisador, trombon de varas, e a
voz de VANESSA VIDAL seran a sorpresa e un regalo pra todos.
23,30 h., no PUB CARTELES FINAL DA SEMAN CON TODOS SONANDO XUNTOS
EN COMPAÑIA DE TODOS OS QUE NOS SIGUIRON DURANTE ESTOS CATRO
DIAS DE CELEBRACION DA PALABRA que sempre nos quedara pra decir
non a mentira e decir si a loita por ser e existir como seres libres cheos de dignidade.

lunes, 14 de marzo de 2011

MALDITO CEO ESTAMPADO

Maldito ceo estampado
de paxaros mortos
rebentados animáis contra os ollos recén feitos
beizos reventados contra o silencio antigo
silencio cosido á boca das ratas,
anacos e farrapos entre as unllas de deus
do teu puto deus cinematográfico
do teu fafuloso e panorámico deus
intercambiable, únicamente, por un povo en lapas.
Maldito ceo raído pola carraxe
que deixa insonmne á madre das feras
aos cachorros da sangue
ás xerosas pedras que cantan
no leito dun rio
que o teu odio seca ate acuñar cinza.
Insoportable este peso do horror
que é a túa amurallada pregaria do sábado
cando invistes ouro
en nenos decapitados coma civilizacións da alborada.
Numismático terror o que acumulas
nesa titánica pantalla de sangue
onde os asesinos chatean coas súas víctimas
abertas coma as fragas
á canle famenta de piedade erguida
dun insaciable corazón de leite negra, negra, negra…
así son os túas certeras fendas no negocio da morte
onde a máxima rendibilidade é a miseria.
Maldito sexa este ceo de astillas
que con parsimoniosa astucia
incrustáis entre as pálpebras da alborada.
Baixo os pés das árbores escorrentadas
os nosos cadáveres cociñan manxares da terra
para o día do teu imposible retorno
para o día no que as verbas teñan a paciencia dunha bala.
Sen presa, como é o pan das mulleres
e as mans en ramas dos namorados
inventando peixes nas charcas dos bicos
e todo armado ate os dentes
coma un conto sen as túas terribles pregarias
multiplicando a música e o viño
na interminable voda do ceo e da Terra
e  prestas regresen para descubrir
que teñen comenzado os festexos
e que ende xamáis, ende xamáis
o noso corazón se convertirá
en estatua de sal
ante a pena negra
que nos decapita ao mencer.

                                   (poema de Karlotti, traducción de BEGOÑA MAIRA)