viernes, 5 de diciembre de 2014

ESCOLMA DA POESÍA SALVAXE (Seis anos de poesía nas ruas de Ferrol)

SEIS ANOS DE POESÍA NAS RUAS DE FERROL


O xoves, DÍA 11 DE DECEMBRO, as oito da tarde, no ATENEO FERROLAN presentaremos finalmente a ANTOLOXÍA DA POESÍA SALVAXE, seis anos de poesía nas ruas, (son sete os que levamos), corenta e dous poetas, cos seus poemas, un libro que ve a luz pendente da vosa acollida. O esforzo foi grande, haberá erros e algunha ausencia, pero todo se beira compensado polo entusiasmo, paixón e xenerosidade que puxemos en facelo realidade.
A PRESENTACIÓN SERA UNHA MOSTRA DE AMIZADE E COMPROMISO, DE AXUDA MUTUA E CONFIANZA EN TODOS E CADA UN DE NÓS.
Esperámosvos, necesitamos estar arroupados polos que sodes o que dá sentido aos días.
Saúde, e unha aperta grade pra todos e todas. Grazas e Saúde