Basterrechea: “O debuxo permíteme ter un vocabulario áxil e facer cousas actuais”
reportaxe
m.j. rico
m.j. rico
Suso Basterrechea é profesor nun bacharelato de artes (no IES Concepción Arenal), artista (como escultor e, nos últimos anos, fundamentalmente como debuxante) e, en breve, será concelleiro de EU en Ferrol, logo da renuncia de Yolanda Díaz para ocupar un escano no Parlamento Galego. Todas estas facetas son inseparables e na exposición que onte inaugurou en Sargadelos están unidas
Pero, á vez, o seu proceso creativo ten vida independente e fai que “Ratatatata-Machine Gun” amose unha raíz diferente.
Con estes debuxos, que empapelan, a xeito de instalación, toda a sala, fai unha pausa nun proceso que comezou precisamente aquí en decembro de 2005. Foi entón cando xirou desde o minimalismo das súas pezas escultóricas, longamente pensadas e preparadas, ó debuxo, que lle permite dar resposta instantánea ás urxencias que impón a realidade na política, na sociedade, na cultura e incluso na propia vida persoal do autor. “O debuxo permíteme ter un vocabulario moi áxil e facer cousas actuais. É unha expresión plástica que se amolda moi ben ós tempos. Eu necesitaba unha forma de traballar moito máis inmediata. O que fago é reprimirme o menos posible, respondo ós estímulos de forma directa. Para min a plástica é un instrumento da sociedade e nun tempo convulso como este ten que ser un instrumento posto ó servizo do combate no que eu me movo”.
Non hai que pensar, porén, en que o espectador vai atopar unha obra dogmática. Ó contrario, os debuxos de Basterrechea caracterízanse en primeiro lugar por cuestionarse a si mesmo, por reflexionar sobre o seu traballo e tamén sobre o que lle toca vivir. E faino co distanciamento que proporciona a ironía e coa ambigüidade de significados dos debuxos. Hai nesta mostra referencias á guerra, á violencia do Estado, ás reivindicacións cidadás; reflexións sobre a arte contemporánea con homenaxes a Kippenberger, Wert, Beuys ou Juan Muñoz; figuras humanas e tamén humor. E hai moita letra –“cada vez máis”, di Basterrechea–, como unha forma, non de explicar o contido, senón para abrir os significados. “Ten que ver coa necesidade de ser un pouco irónico porque hai imaxes que son brutais”.
Esta linguaxe directa, na que teñen moita influencia os seus alumnos, sérvelle ademais para achegarse a un público máis amplo, a “conectar con moitos tipos de espectadores”. Cos seus debuxos a xente “pode divertirse, ten moitas lecturas e están cargados de textos e de matices”.
A exposición de Sargadelos chega xusto despois de inaugurar outra (o 29 de novembro) na galería Paula Alonso de Madrid. Agora imponse unha pausa, non para abandonar esta corrente, pero si “para reflexionar sobre outras posibilidades”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario