viernes, 8 de junio de 2012

MANIFESTO CONTRA LA ACTITUD DO RESPONSABLE DE CULTURA


Diario de Ferrol-2012-06-08-013-c7a57593



Protesta do tecido asociativo ferrolán contra o labor da Concellería de Cultura

Aínda que nas últimas semanas unha boa parte das asociacións culturais máis significativas de Ferrol levaban rumiando o seu malestar, unha parte delas deu onte un paso adiante para manifestar o seu rexeitamento á política cultural do Concello, personalizada na figura do edil Reyes García. 
Fronte ao Teatro Jofre as asociacións Fuco Buxán, Bartoleta, Lendo Poesía (Poesía Salvaxe), Ateneo Ferrolán, Amigos do Teatro Jofre, Asociación López Bouza, Fundación Artabria, A Revolta de Trasancos, Colectivo Opaíí, Lefre de Caldereta, Club de Prensa, Maquinarias Teatro, Max Teatro, Estudio N+1, asociación O Maxolo e Liceo Rubia Barcia presentaron un manifesto no que acusan ao edil Reyes García da rotura de diálogo co tecido asociativo da cidade e da necesidade de contar cun técnico de cultura, como sucede en todas as cidades galegas e no propio Ferrol ata a chegada do actual equipo de goberno.

No momento da lectura do manifesto, Guillermo Ferrández, da asociación Lendo Poesía, sinalou que daban este paso porque “despois dun ano de relacións coas asociacións, o diálogo resulta imposible, nunha cidade cunha tradición cultural que esta Concellería quere situar á marxe cunha política de desprezo a quen fai cultura desde a base”.

Comunicado > Polo que respecta ao duro manifesto asinado polas citadas entidades, sinálase: “É por todo isto polo que se nos fai intolerábel a caprichosa deriva cultural da que fai a Concellería de Cultura da nosa cidade e, obrando en consecuencia, o conxunto das asociacións culturais de Ferrol manifestamos a nosa preocupación pola inusual incompetencia do edil de Cultura á hora de desenvolver unha política que recolla o sentir da cidadanía representada en grande medida polas diferentes asociacións culturais de sobrada e recoñecida traxectoria na nosa cidade. O intento do concelleiro de desprestixiar o tecido asociativo cultural ferrolán non é máis que unha manifestación da profunda ignorancia dun home que non sabe trazar as liñas mestras do camiño da cultura na nosa cidade e tenta facer valer o lema despótico de que ‘a cultura son eu’”. 
A continuación, o manifesto reclama a recuperación da figura do técnico de cultura: “O profundo deterioramento das relacións entre o asociacionsimo cultural e o edil fai necesaria a figura dunha persoa técnica, que facilite o diálogo e sexa quen de canalizar as distintas inquedanzas culturais da cidadanía. De non seren así, pensamos que a rotura poderá seren definitiva e daríase o caso, por vez primeira na democracia, que un goberno municipal non escoitase o sentir popular á hora de deseñar a súa política cultural. Esiximos a restauración do diálogo das asociacións co Concello a través dun tecnico e reprobamos a conducta antidemocrática impropia dun concelleiro que oculta a súa incapacidade detrás de xestos autoritarios”. 
Ante membros das asociacións convocantes e periodistas, Ferrández finalizou a lectura criticando a situación que segundo el se está a vivir na cidade “lamentando feitos antidemocráticos como o vivido recentemente na Biblioteca Central cun usuario desaloxado pola Policía, ou a multa posta a membros da Fundación Artabria cando lle estaban a facer unha homenaxe a Carvalho Calero fronte a súa casa natal”.


por Xosé María Dobarro, en Diario de Ferrol
Na mañá de onte acudín á entrada do Teatro Jofre para escoitar a lectura do “Manifesto das Asociacións Culturais de Ferrol”, asinado por ducia e media delas, documento co que, unha vez escoitado e lido de vagar, coincido basicamente. Como desde hai moitos anos estou afastado do asociacionismo cultural ferrolán –no que a directivas se refire– ignoro as razóns polas que non asinaron o manifesto algunhas agrupacións. Se cadra hai máis, pero boto en falta o respaldo de “Toxos e froles”, “Sociedad Filarmónica Ferrolana”, “Sociedad Artística Ferrolana” e “Medulio”. Entendo que a cuarta non figura por carencia de vida e as tres primeiras por afinidade ideolóxica co goberno, ese que, na súa política do diálogo de ordeno, mando e fago saber, permite que “presuntamente” se saquen a labazadas dignos e educados usuarios das bibliotecas. Exceso de celo á marxe, quen ten a culpa de que poidan pasar estas cousas son os de arriba. Se non nos ensinan educación, se non sabemos comportarnos, pouco hai que facer. O señor Wert, o tesoiras da educación, que case parece un mago na arte do birlibirloque, anda coa supresión da educación para a cidadanía –a besta negra de toda a reacción ultracatólica– para sustituíla por outra materia que, dixo, non sexa “susceptible de adoctrinamiento ideológico”. Será porque ese xa o poñen directamente eles, ou ¿que outra cousa son, senón, as materias de relixión? Todo apunta a que os nosos mandóns, tan “ilustrados” eles, non viron, nin polo forro, obras cumes da narrativa universal contemporánea, v.g., El siglo de las luces do excelso Carpentier. Élles así, ¿que lle imos facer?

Dosier de Prensa da comparecencia ante os medios

DIARIO DE FERROL
LA VOZ DE GALICIA

MANIFESTO:
Ante a actitude despreciativa e de rexeitamento, mostrada polo Concellal de Cultura, Manuel-Reyes García Hurtado, hacia as distintas Asociacións Culturais de Ferrol, concedendo entrevistas a horas intempestivas (7:00 e 8:00h) e mostrando, en ditas entrevistas, unha actitude nada dialogante, todo o contrario ao que debería ser nún cargo político elexido democráticamente pola cidadanía, as Asociacións Culturais de Ferrol, de tódolos ámbitos da cultura, vímonos obrigados a facer unha autoconvocato-ria de reunión, a que asistiron a case totalidade das asociacións locais, para tratar sobre este tema. En dita reunión, todos os presentes, coíncidiron no mesmo análisis.
É polo que nesa reunión, acordouse elaborar un Manifesto de repulsa da política cultural municipal e que sería sometido á corrección das distintas asociacións e posteriormente apoiado e firmado pola gran maioría.



MANIFESTO DAS ASOCIACIÓNS CULTURAIS DE FERROL 


Considerando a cultura, e máis en tempos escuros como os que estamos a 
vivir, como 0 medio polo cai as persoas e os pobos que habitan o mundo fan 
posíbeis os días. 
Considerando que só através da cultura e' posíbei enchermos de sentido a 
vida, achamos absolutamente evidente o papel esencial das Asociacìóns 
Por iso cumpre te-las en conta, respeitá­las, consìderá­las á hora de 
deseñar a vida cultural, neste caso dunha cidade, deseño que xamais poderá ser 
somente um traballo burocrático, falando da vida como falamos, e sempre 
enraízado na base desta sociedade. 
Isto  poden levar a cabo as Asociacións Culturaìs. 
É por todo isto, polo que se nos fai intolerábel a caprichosa deriva cultural 
da que fai gala a Concellería de cultura da nosa cidade, e obrando en 
consecuencia, o conxunto das asociacións culturais de Ferrol manifestamos a 
nosa preocupación pola inusual incompetencia do edil de cultura, á hora de 
desenvolver unha política cultural que recolla o sentir da cidadanía, representada 
en grande medida polas diferentes asociacións culturais de sobrada e recoñecida 
traxectoria na nosa cidade. 
O intento do concelleiro de desprestixiar 0 tecìdo asociativo cultural 
ferrolán non é máis do que unha manifestación da profunda ignorancia dun home 
que non sabe trazar as  mestras do camiño da cultura na nosa cidade e 
tenta facer valer o lema despótico de que “A Cultura son eu”. 
A cultura cidadá fai parte dos sinais de ìdentidade dun pobo e através dela 
conservan-se en moìtos casos as tradicións e os costumes do mesmo. Por iso a 
desconsideración e o desprezo da concellería de cultura cara as nosas actividades 
é ben preocupante e Iamentábel. 
O profundo deterioramento das reiacións entre o asociacionismo cultural e 
0 edil de cultura fai necesaria a figura dunha persoa técnica en cultura, que 
facilite 0 diálogo e sexa quen de canalizar as distintas inquedanzas culturais da 
cìdadanía. 
De non ser así, pensamos que a ruptura poderá ser deñnitiva e daría-se o 
caso, por vez primeira na democracia, que un goberno municipal non escoitase o 
sentir popular á hora de deseñar a sua política cultural. 
Esiximos, portanto, a restauración do diálogo das Asocìacións co Concello 
através de técnicas/os en cultura e reprobamos a conducta anti-democrática, 
imprópria dun concelleiro, que oculta a súa incapacidade por trés de xestos 
autoritarios que sen dúbìcla, avergoñan a quen os escoitar. 
Non obstaculizar as súas iniciativas, facilitar os medios e os instrumentos 
necesarios para facer realidade os proxectos é umha das funcións que as 
ìnstitucións deben asumir. Manter un diálogo permanente, escoitar-nos. 
Estes e non outros son os motivos deste manifesto que asinamos as 
asociacións da cidade de Ferrol que a seguir detaliamos: 

  • ASOCIACIÓN Fuco BUXÁN 
  •  
  •  
  • ASOCIACIÓN BARTOLETA 
  •  
  •  
  • ASOCIACIÓN LENOO POESÍA (POESÍA sAL\/AXE) M 
  •  
  •  
  • ATENEO FERROLÁN ASOCIACION AMIGOS DO TEATRO JOERE 
  •  
  •  
  • ASOCIACION LOPEZ BOUZA 
  •  
  •  
  • FUNDAQOM ARTÁBRIA Asoc1Ac1óN CULTURAL  
  •  
  •  
  • A RE\/oLTA DE TRAsANcos 
  •  
  •  
  • coLEcT1vo  - Ràdio Fiuspim 
  •  
  •  
  •  CULTURAL LEFRE DE CALDERETA 
  •  
  •  
  • CLUBE DE PRENSA  
  •  
  •  
  • MAQUINARIAS TEAT 
  •  
  •  
  • ASGCIACIÓN TEATRAL MAX TEATRO

No hay comentarios:

Publicar un comentario