lunes, 24 de enero de 2011

bernardino graña

Naceu en Cangas do Morrazo en 1932. Fixo o Bacharelato en Ribadavia e Vigo, e iniciou os estudios de Filosofia e Letras en Santiago, onde colaborou en "La Noche" e gañou algún premio das Festas Minervais, ainda convocados só en castelán. Despois dunha interrupción, acabou a carreira en Salamanca e Madrid, cidade esta na que se integrou no grupo Brais Pinto.
De seguido, exerceu a ensinanza media en diversas cidades, gañou cátedra e estivo bastantes anos fora de Galicia. Volto á Terra, estivo en Padrón e en Cangas, logo botou uns anos no Brasil, e hoxe, xubilado, reside en Cangas, pero moi vencellado tamén a Lugo. Ademais de poesia, Bernardino publicou obras dramáticas e narrativas, e nestes últimos tempos, talvez aguillondo por ter un fillo pequeno, intensificou o seu labor como autor de literatura infantil, con espléndidos resultados.

A súa obra poética contense nos seguintes libros: Poema do home que quixo vivir (1958), Profecia do mar (1966); Non vexo Vigo nin Cangas (1975), Se o noso amor e os peixes,Sar arriba anda sen (1980), Sima-cima do voar do tolo (1984) e Himno verde (1992)...

Desde a despreocupación formal e a anguria existencial do seu primeiro libro, Bernardino pasa na Profecia... a unha poesia de nobilísimo empaque sonoro que canta o mar e as súas xentes como ninguén soubo. Este libro enteiro é unha das obras liricas máis grandes da literatura galega. Despois dunha certa caída no terceiro, recupera en todos os seguintes a súa alta estatura poética, e en, Himno verde, algunhas cousas parecen ecoar o Poema do home que quixo vivir. Bernardino é un poeta materialista e profético, modelo de lingua, conmovedor e cósmico.

Poeta Cósmico e marítimo
ODA OS MARIÑEIROS DE CANGAS

Polo escuro do mar que vos contruba
ainda hai peixes de lus nos seus abrigos,
mariñeiros de Cangas, meus amigos,
meus irmáns de salitre e sol e chuva.

Solte a ría un exército de naves,
mariñeiros de Cangas, traede as liñas,
que, anunciando o fumazo das sardiñas
polos cons e cabezos cantan aves.

Polas ondas sin muros e sin diques,
polo lombo do Atlántico azulado,
brinca e bufa o arruás todo apurado
perseguindo os banitos i os alcriques.

Máis alá de Sobrido ti me guíes,
mariñeiro de Cangas, ti me leves
pra ver os espumallos i os percebos
e mirar dende a popa as illas Cies.

Máis alá do Cabalo e Cabo de Home
da Negra e deses baixos de Biduído,
mariñeiro de Cangas, vas perdido
e o mar é un gran misterio que te come.

Coma horribles fantasmas aparecen
dende o fondo, xurdindo, nos sorríos,
estranas ardentias e navios
e tristes afogados que amolecen.

Pero rompe, que podes, contra o medo,
dalle avante con forza, anque che doa,
contra noites e néboas, pon a proa,
mariñeiro de Cangas, e ven cedo.

Ven loguiño a vender o peixe a Vigo
e trae unha canción do son dos mares
pra beber e cantar xuntos nos bares
mariñeiro de Cangas, meu amigo.


O gato da tasca mariñeira

Aquí non hai silencio porque hai homes
falan os homes falan
aquí non pasa o vento esa fantasma
os homes falan falan
e fórmase outro vento outro rebumbio
unha fantasma feita deste fume
este fumar sen tino estas palabras
e pasa un suave gato que é da casa.

Beben viño coñac
berran discuten contan chistes mascan
un pouco de xamón tal vez chourizo
o gato ulisca cheira mira agarda
vai á cociña ven ao mostrador quixera
un anaquiño de boa carne un chisco
de tenrura algún queixo unha migalla.

Aquí non hai vagadas nin roncallos
non se ven os cabezos nin as praias
o taberneiro bole saúda cobra serve fala
cambea mil pesetas chama á muller a berros
e contesta ao teléfono ás chamadas
e os homes berran moito cheos de ira
e rin e danse a man e nada pasa.

O gato calandiño ergue as orellas
ten maino tan suavísimo sen gana
cruza por entre as pernas entre as botas
altas botas de caucho contra as augas co seu rabo
arrequichado e duro e tan en calma
e aquí non hai silencio que hai vinte homes
e están ben lonxe os mares que arrebatan.

Se acaso o gato mira os ollos do home
guicha en suspenso escoita en paz agacha
unha orelliña aguda e indiferente
lambe teimudo e calmo unha das patas
e se acaso durmiña e abre un ollo
e ve que os homes beben fuman discuten moito non se cansan
de ensaladilla callos mexilóns anchoas
e viño e viño e viño tinto e branco en tantas tazas
e esgarran cospen entran saen empuxan brindan cantan
e a radio está acendida e óese música
e o gato pasa indemne comprendendo ten costume son os homes
non se espanta.
Bernardino Graña, de Profecía do mar (1966)


Poema de Bernardino Graña

Alá, en Tirán, o Outono era ben doce.
Cantaba unha bubela e algún xílgaro,
sentíase o loureiro coma encenso,
sagrado abraio no aire e, entre as ponlas,
murmurios silandeiros coma pregos,
cadencias garimosas e pequenas
entrando polas veas deica a alma
cun son ceremonial.


Non máis que unha gaivota ou algún corvo
botaban forte a queixa cara á altura,
e era pregunta todo, lene espera,
humilde declinar.


Alá, en Tirán, por Cangas, xunto a Moaña,
os pasos eran case un sacrilexio
e as follas polo chan salmodia e templo
dun intre meditante no repouso
por terra e aire e mar.


As voces coma as nubes redondeábanse,
vestíanse dun ouro vello todo,
queríase chuvisca e mais semente
nos sucos pra mañá.

MÉNDEZ FERRÍN

Nos días negros nos que entre as recén nadas editoriais Galaxia, Monterrey ou Bibliófilos Gallegos nos reunían máis ca tres ou catro libros publicados e distribuidos, Bernardino Graña era xa unha lenda mormente entre os máis novos seguidores da poesía. Premiado nas primeiras Minervais, co-director aos dazaoitos anos de Alba, a principal revista galega de poesía, naturalmente editada en Vigo, de Bernardino contábase que fora capaz de renunciar a dous cursos íntegros de Filosofía e Letras como protesta individual contra a mediocridade da Facultade compostelá. Volveuse examinar deles en Salamanca, onde, con Ángel Díaz Zamorano, quen nas súas tarxetas de visita fixera imprimir a palabra "hombre" no lugar do cargo ou profisión, constituiu unha célula antifascista en 1956 que facía as súas octavillas a man. Xa no curso anterior, aínda en Compostela, cos Quinteiro das Pontes de Bora e con Gustavo Docampo puxera a funcionar unha emisora clandestina chamada Radio Conga, que a policía detectou e clausurou. Daquela, Bernardino foi poeta que sabía, principalmente en castelán, interpretar os sentimentos de frustración dunha xeración que era tamén a miña. Antes de eu ver dediante a Bernardino xa lera poemas seus como "Hagamos torres de Babel con vasos" ou "Qué dice ese mochuelo". Algúns foron difundidos en Alba ou na Poesía Gallega Contemporánea, libro da autoría de Ramón González-Alegre, o noso amigo. Gardo na miña memoria o tesouro daquela definición que o xoven Graña fai del mesmo e da sensibilidade dunha mocedade apremida: "A mi dejadme amar el suelo mudo/ haciendo lentamente en el mi paseo/ sintiendo que camino hacia un ocaso,/ a caso irremediable y que no eludo.// A mi dejadme hablar de lo que dudo, /queriendo que las cosas me hagan caso,/ contesten a la sed en que me abraso,/ a mi dejadme andar así, desnudo..." Despois destes versos publicados en 1952 (ollo) houbo outros poemas de Graña e todos foron poderosos en galego. Coñecían a Bernardino nas aulas racionalistas da Facultade de Letras da Universitaria de Madrid, alí onde había dazanove ou vinte anos defenderan a República os do tempo dos nosos pais e non deixaron pasar a Franco até a traizón. Fíxose Bernardino meu amigo para toda a vida que nos quede. E foi construíndo edificios, e ampliacións de habitación, e cúpulas, ao tempo que invadía sen cesar novos territorios, sempre da imaxinación e da invención poética. A obra literaria dos varios autores que se manifestan desde un Bernardino Graña único constitúe un dos esteos, e dos máis fortes, sobre os que descansa a literatura galega contemporánea. Por parte, Graña é señor dunha lingua maxistral, ou sexa que ensina a escribir en galego a quen sabe ler con humildade. Lexicógrafo aínda que non estea divulgado o feito de el ser coautor do apéndice ao Diccionario de Don Eladio, Bernardino Graña resgatou das marxes as palabras mariñeiras e grazas a el, poño por caso, sabe, quen queira sabelo que hai unha alternativa a babor e estribor, introducidos desde o castelán, que é couso e arca en galego dereito e madurecido na costa canguesa de Balea que hoxe o capitalismo pretende destragar.
Poeta magno do mar e das materias e enerxías e do amor e do pálpito vital, o noso poeta recibe estes días homenaxe na terra nativa do Morrazo que nunca deixaremos colonizar pola área metropolitana dos especuladores con sede en Vigo e agora nós evocamos os seus ollos ambazados polo pó cósmico e e sentimos nas súas "veias o latido/ do motor de una traineira". Ou dun racú, por traducir á nosa lingua as palabras de Amalia Rodrígues.


Colaboró como articulista en La Noche bajo la dirección de Borobó y en Faro de Vigo, bajo la dirección de Álvaro Cunqueiro. Impulsor y primer presidente de la Asociación de Escritores en Lengua Gallega. El cantautor Suso Vaamonde musicó varios de sus poemas. 1969: Premio "O Facho" de cuentos. 1978: Premio "Galicia de Santiago" de poesía. 1979: Premio "Abrente" de teatro. Escribió ocho libros de poesía, entre los que destacan Profecía do mar, Se o noso amor e os peixes..., Himno Verde...; tres libros de teatro: Sinfardinín contra D. Perfecto, Vintemil pesos crime y Os burros que comen... y más de una docena de libros de narrativa: Fins do mundo; Cristo e San Pedro, peregrinos; Xan Guindán mensaxeiro; Xan Guindán e os salvaxes; Namoro de Lobo Pipo...

Cofundador del grupo Brais Pinto.

Cofundador del grupo Acia (Associaçao cultural das Illhas Atlánticas, recién fundada en Madeira, Portugal).

Conferenciante, recitador...

A finales de los años 70, junto con Antón Santamarina, Méndez Ferrín y otros dieron sus primeros pasos para la creación de un Pen Club gallego.

Coautor del Apéndice Lexicográfico del Diccionario de D. Eladio Rodríguez González (1961).


El poeta Bernardino Graña ingresa hoy en la Real Academia

"Del pueblo aprendí mi idioma; de la tasca, las historias"

TERESA CUÍÑAS - Vigo - 12/06/2010


 

La Real Academia Galega celebra hoy el acto oficial de recepción del escritor Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) como nuevo académico numerario. La ceremonia solemne se desarrollará en el Auditorio Municipal de su localidad natal a las 20.00 horas. El nombramiento de Graña, quien cubre la vacante del filólogo Constantino García, fallecido en octubre de 2008, se produjo hace un año a propuesta de los académicos Francisco Fernández Rei y Ramón Lorenzo. La candidatura contaba, además, con un amplio respaldo en el ámbito social y literario gallego, manifestada a través de autores como Xosé Vázquez Pintor, que demandaban el reconocimiento de los méritos del poeta, narrador, dramaturgo y gestor cultural.


Graña se siente en "simbiosis total" con Rosalía, a quien dedicará su discurso

La presencia del autor de Profecía do mar (1966) fue decisiva en acontecimientos como la creación del grupo de intelectuales Brais Pinto (1958) y la fundación de la Asociación de Escritores en Lingua Galega (1980), institución de la que fue primer presidente. El escritor aguarda ahora la próxima edición de la obra Larpancia saborosa do lobo e a raposa, ganadora del V Premio Estornela de teatro para niños. Entre sus últimas publicaciones destacan el poemario Acendede as almenarasO corvo que andou de pato (A Nosa Terra, 2010). (Xerais, 2008) e

Graña reconoció sentirse "emocionado" por la distinción, que hizo extensiva a "todo el pueblo de Cangas". La circunstancia de que sea su amigo y compañero de viaje, Xosé Luís Méndez Ferrín, quien, como presidente de la Academia, haga efectiva la designación efectuada durante el mandato de Xosé Ramón Barreiro, añade connotaciones personales a la jornada. Con motivo de su ingreso, Graña preparó un discurso titulado Contos populares e Rosalía, en el que traza los rasgos distintivos del relato tradicional, de fuerte impronta en su trayectoria, para desembocar en el Conto gallego de Rosalía.

El futuro académico nunca olvida mencionar sus raíces: "Al pueblo porque de él aprendí el idioma y a mi madrina, que contaba cuentos en la tasca familiar y me dejaba permanecer allí, escuchando las historias". "Bernardino es un símbolo de Cangas", declaró su amigo personal y especialista en su obra, el crítico Héitor Mera, "todos los vecinos están felices por el hecho de que el primer académico del municipio sea él". Rosalía, autora con la que Graña se siente "en simbiosis total", es el otro eje de la disertación: "Rosalía es inmensa, es pueblo y rebelde, todavía hay que leerla y comprenderla".

En nombre de la Academia, el catedrático de Filoloxía Galega Ramón Lorenzo contestará a Graña. Para la ocasión, Lorenzo escogerá el elogio para, "en tono cariñoso", recordar anécdotas biográficas compartidas y señalar episodios fundamentales de su carrera literaria.


No hay comentarios:

Publicar un comentario