domingo, 27 de junio de 2021
DIANE DI PRIMA Editor: Fernando Sabido Sánchez
jueves, 3 de junio de 2021
Mirade, vouvos a ensinar este amencer, de karlotti
PARA A PLATAFORMA CULTURAL DE FERROLTERRA.
Mirade, vouvos a ensinar este amencer
que apanda, con cheiro a café, no número 7
É amplo como unha tenda bereber,
Non é necesario para usalo como catalejo
enchelo de ovellas que oen pastar ás nubes
Non fai falta afastarse do xardineiro
que mira extasiado como cavan gabias os paxaros
para cazar ao voo un feitizo
sen que se espante a noite e pásmese
este amencer que quero ensinarvos
e quedei pampo calcetando cornisas.
Deixade ao 7 tranquilo fumar o seu narguila
pola contra pasará un século e sairanlle escamas
E xa sabedes que non hai deus que afume
estrelas baixo as augas do Mar Morto.
Nada de armas de construción inmediata
nestes horizontes de cores tan sabrosos
non se ve con bos ollos, sen música,
e repugnan as présas a mandíbula batente.
Non esquezamos os horarios consagrados
pois si éntravos o fame, só as oleas
que os trens crían cheas de suculentos atrasos
farán posible durmir como cantos rodados
gozar deste amencer reencho de escuma
e regresar ao día por vir cos petos repletos
de bicos abisales e un amor bilingüe.
Este amencer espántase si bostezas
mellor recoller pálpebras nas árbores grafologos
E nadar a perna solta ata a risa sen gato.
Mirade, pasou a noite polo medio e medio
do seu aniversario, e lévase este amencer
debaixo do brazo, mentres o mar dálle a teta á terra.
viernes, 19 de febrero de 2021
LiBERDADE PARA PABLO HASÉL
LiBERDADE PARA PABLO HASÉL
Dicía Karl Marx nunha cita clásica, moi acaída para o feminismo contemporáneo, que “OS DOMINANTES TAMÉN ESTÁN DOMINADOS POLA DOMINACIÓN”. Tratábase de facer ver que tamén os dominantes, os poderosos, as persoas ligadas ao funcionamento do sistema, ao cerne do capitalismo e o do heteropotriarcado, teñen un interese real en desfacerse dese dominio, que o impulso de redención utópica é válido para todos os humanos e contén unha enerxía igualitaria, que non se para (que non separa) perante ningún tipo de desigualdade, de diferenza, porque o seu fin último, a súa teleoloxía, non é outra que a comunidade.
En relación co ocorrido nos últimos días, a propósito do ingreso en prisión de Pablo Hasél, para o que demandamos a súa liberdade inmediata, pensei, facendo un xogo coa frase de Marx mencionada, que “OS SUBVERSIVOS TAMÉN PODEN ESTAR SUBVERTIDOS POLA SUBVERSIÓN”.
Repasando estes días a Judith Butler para un traballo que ando ultimando encontro a seguinte alfaia:
“Da mesma forma que as metáforas perden o seu carácter metafórico a medida que, co paso do tempo, se consolidan como conceptos, as prácticas subversivas corren sempre o risco de convertérense en clichés adormecedores a base de repetilas e, sobre todo, ao repetilas nunha cultura na que todo se considera mercadoría, e na que a «subversión» ten un valor de mercado”.

Na miña humilde opinión os subversivos non debemos ser subvertidos pola subversión porque o noso fin último non é o caos, a pura entropía, senón un equilibrio de humanidade, unha harmonía da que o sistema carece e aonde se debe dirixir o poder da nosa forza utópica.
Postulemos unha subversión dominada pola igualdade comunitaria, pola quebra dos dominios da diferenza social, e pola procura desa igualdade.
jueves, 14 de enero de 2021
“Cântico Negro” de José Régio
“Cântico Negro”
“Vem por aqui”- dizem-me alguns com olhos doces,
Estendendo-me os braços, e seguros
De que seria bom que eu os ouvisse
Quando me dizem: “vem por aqui”!
Eu olho-os com olhos lassos,
(Há, nos meus olhos, ironias e cansaços)
E cruzo os braços,
E nunca vou por ali…
A minha glória é esta:
Criar desumanidade!
Não acompanhar ninguém.
—Que eu vivo com o mesmo sem-vontade
Com que rasguei o ventre a minha Mãe.
Não, não vou por aí! Só vou por onde
Me levam meus próprios passos…
Se ao que busco saber nenhum de vós responde,
Por que me repetis: “vem por aqui”?
Prefiro escorregar nos becos lamacentos,
Redemoinhar aos ventos,
Como farrapos, arrastar os pés sangrentos,
a ir por aí…
Se vim ao mundo, foi
Só para desflorar florestas virgens,
E desenhar meus próprios pés na areia inexplorada!
O mais que faço não vale nada.
Como, pois, sereis vós
Que me dareis impulsos, ferramentas, e coragem
Para eu derrubar os meus obstáculos?…
Corre, nas vossas veias, sangue velho dos avós,
E vós amais o que é fácil!
Eu amo o Longe e a Miragem,
Amo os abismos, as torrentes, os desertos…
Ide! tendes estradas,
Tendes jardins, tendes canteiros,
Tendes pátrias, tendes tectos,
E tendes regras, e tratados, e filósofos, e sábios.
Eu tenho a minha Loucura!
Levanto-a, como um facho, a arder na noite escura,
E sinto espuma, e sangue, e cânticos nos lábios…
Deus e o Diabo é que me guiam, mais ninguém.
Todos tiveram pai, todos tiveram mãe;
Mas eu, que nunca principio nem acabo,
Nasci do amor que há entre Deus e o Diabo.
Ah, que ninguém me dê piedosas intenções!
Ninguém me peça definições!
Ninguém me diga: “vem por aqui”!
A minha vida é um vendaval que se soltou.
É uma onda que se alevantou.
É um átomo a mais que se animou…
Não sei para onde vou,
Não sei para onde vou
—Sei que não vou por aí!
José Régio
miércoles, 13 de enero de 2021
Strange Mystery Flower sing Lord Byron - She Walks in Beauty, por Roger de Flor
miércoles, 9 de diciembre de 2020
Koleka Putuma - Water
sábado, 21 de noviembre de 2020
FELIZ IDADE, de Olga Novo, dous poemas
DOUS POEMAS
36 ANIVERSARIO
Despídome da nena que fun e xa non chora
axeonllada no templo occipital.
Bato palmas no lume.
Voume danzar á sombra radical
da miña osamenta adulta.
Es libre agora
un paxaro bebe nas augas tépedas do teu encéfalo
un peixe novo nace na túa musculatura
e por fin declárase a poesía como un amor anfibio
...Pero agora
Ah, pero agora escoito con toda nitidez
aos 36 anos
a música da resina
aquílo que non oín na tuba do silencio mentres nazo
a harmonía profunda das partículas biliares
a sangue que bombea o ceo
ao abdome dunha salamanca
o delicadísimo encaixe do xeo da voz que amo
e se derrama sobre o meu sino.
Sobrevivín e sobrevivo porque vexo a beleza e vai conmigo
Sobrevivín e sobrevivo porque a beleza me ve e vou contigo.
SALVAXE MENTE
Será que naceu para que a devore o ar
e entre en transo
cando se che acerca
abancando o seu ciclón de arterias
e é toda ela a filosofía espasmódica da dozura
rendida
salvaxe mente.
Será que xa morreron dez homes e Borneo
e un tigre en Sumatra expira
e o espazo absorbe a asma da alma que te mira Será
que as súas terminación nerviosas
son furias con lazos de cobre
que atan á total entrega
e vai a cegas ao abismo por ver
quizais se talvez hai unha rosa ao fondo
e a pode cortar
e darcha.
E despois marcha en carne viva por carreiros
que xa cerraron as silvas haí séculos
que pouco lle importa
que as espiñas a piquen como unha saeta a gorxa
que se derrete e se desangra sen se dar conta sequera
enriba dun altar de Pérgamo
como unha taquicardia indefensa ante o seu propio ritmo.
Será que busca o mimo da luz que nunca tuvo
e as placas tectónicas das palmas das túas maus
se se lle aproximan fana tremer e caer desde o subsolo ao ar
Será que naceu para que a devore
e non quede nada dela
agás o pico da bubela que come o corazón do figo
e digo
que existiu con tal tenrura que quedou durmida entre os calcetíns
da cesta da túa roupa e tres pinzas e a curva do Universo
e digo
tamén
que pode respirar co osixeno que a ti che sobre
que vai ao alén bicar as maus da túa mai morta
e que che fabrica os suspiros cunha flor de fariña infinita
que quedou o seu riso coma un fume flotando entre chemineas modernistas
que todo aquel que o ve ascende de si mesmo
ao nó da combustión eterna.
Será que ela é ela
entre brasas e neve con furacáns formigas e o sexo sinfónico
dos eixos da terra.
Será
que ela é ela.


