Mostrando entradas con la etiqueta Fuco Buxan. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fuco Buxan. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de febrero de 2016

presentación do novo libro de Manuel Rivas: "O Último Día de Terranova"

Presentación libro Manuel Rivas "O Último Día de Terranova" [Ciclo Democracia e Compromiso]


Prezado/a Socio/a:
Dende a xunta directiva da A.C. Fuco Buxán queremos convídalo/a a asistir ao vindeiro acto que a nosa asociación organiza dentro do Ciclo Democracia e Compromiso

O Mércores día 24 de febreiro ás 20:00 horas na Galería Sargadelos presentación do novo libro de Manuel Rivas: "O Último Día de Terranova"

A Asociación Cultural Fuco Buxán vén de celebrar varios actos dentro do ciclo Democracia e Compromiso que permitiron achegar diferentes informacións en ámbitos moi diversos e necesarios de poñer en coñecemento da sociedade ferrolá:

Ciclo Democracia e Compromiso:
Asociación Cultural Fuco Buxán iniciou o Ciclo que baixo o título xenérico DEMOCRACIA E COMPROMISO, pretende indagar nas claves e contribuír ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidamos e convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas.

Actos Pasados
 Ensino: Estado Actual. Conferencia - Coloquio de Vicente Álvarez Areces.
 Conferencia Pablo Álvarez Fernández Polo Dereito á Enerxía: Outro Modelo, outro recibo.
 Conferencia Nieves Santomé "REFUXIADOS E INMIGRANTES"
 Conferencia - Coloquio de Manolo Lago "Balance da Lexislatura. Milagre Económico?"

A xunta directiva desta asociación continúa a traballar para poder ofrecervos a vós, socios e socias, unha digna axenda de actividades acordes a nosa ideoloxía e acorde aos tempos que transcorren. Emporiso convidámosvos a arrouparnos nos vindeiros actos dentro do Ciclo Democracia e Compromiso e animámosvos a colaborar con nós na divulgación dos mesmos.

Vindeiros Actos
Mércores de febreiro 24:
 Ás 20:00 horas na Galería Sargadelos presentación do novo libro de Manuel Rivas.
Venres 04 de marzo:
 Ás 20:00 horas no Carvalho Calero Juan Carlos Monedero.
Luns 21 de marzo:
 Ás 20:00h no Carvalho Calero Manuela Carmena.
Apóianos! Acude! Difunde!