Presentación libro Manuel Rivas "O Último Día de Terranova" [Ciclo Democracia e Compromiso]
Prezado/a Socio/a:
Dende a xunta directiva da A.C. Fuco Buxán queremos convídalo/a a asistir ao vindeiro acto que a nosa asociación organiza dentro do Ciclo Democracia e Compromiso:
O Mércores día 24 de febreiro ás 20:00 horas na Galería Sargadelos presentación do novo libro de Manuel Rivas: "O Último Día de Terranova"
A Asociación Cultural Fuco Buxán vén de celebrar varios actos dentro do ciclo Democracia e Compromiso que permitiron achegar diferentes informacións en ámbitos moi diversos e necesarios de poñer en coñecemento da sociedade ferrolá:
Ciclo Democracia e Compromiso:
Asociación Cultural Fuco Buxán iniciou o Ciclo que baixo o título xenérico DEMOCRACIA E COMPROMISO, pretende indagar nas claves e contribuír ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidamos e convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas.
Ensino: Estado Actual. Conferencia - Coloquio de Vicente Álvarez Areces.
Conferencia Pablo Álvarez Fernández Polo Dereito á Enerxía: Outro Modelo, outro recibo.
Conferencia Nieves Santomé "REFUXIADOS E INMIGRANTES"
Conferencia - Coloquio de Manolo Lago "Balance da Lexislatura. Milagre Económico?"
A xunta directiva desta asociación continúa a traballar para poder ofrecervos a vós, socios e socias, unha digna axenda de actividades acordes a nosa ideoloxía e acorde aos tempos que transcorren. Emporiso convidámosvos a arrouparnos nos vindeiros actos dentro do Ciclo Democracia e Compromiso e animámosvos a colaborar con nós na divulgación dos mesmos.
Vindeiros Actos
Mércores de febreiro 24:
Ás 20:00 horas na Galería Sargadelos presentación do novo libro de Manuel Rivas.
Venres 04 de marzo:
Ás 20:00 horas no Carvalho Calero Juan Carlos Monedero.
Luns 21 de marzo:
Ás 20:00h no Carvalho Calero Manuela Carmena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario