jueves, 17 de septiembre de 2009

Oh, dios de las pequeñas cosas...

Sintagma in Blue
FALO


Falo de desexo
e pronuncio o teu nome.
Imposible outro nome.

Falo de gozo
e o meu ollar
é ollar teu de longo prado.

Falo de tardes tolas
e penso nas mans
de lóstregos xenerosos.

Falo de entrega
e aparece a túa sombra
polos meus corredores escuros.

Máis alá destas catro paredes
nas que habitamos estremecidos
só existe o silencio,
o pacto,
o medo,
cando perdernos ten sabor a dúbida,
a precipitarse,
a temor a quererte
e a que me queiras.

(A Ollada de Astarté, Ed. Espiral Maior, 2007)


No hay comentarios:

Publicar un comentario