Mostrando entradas con la etiqueta Xosá Maria Alvarez Caccamo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xosá Maria Alvarez Caccamo. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de marzo de 2022

Paso do estreito, de Xosé Maria Alvarez Cáccamo

 PASO DO ESTREITO


nós éramos de todo:

da fala e da canción das árbores figueiras

das praias sementadas de sombra e dunha luz

con que se abren as portas para fuxir do medo


lavamos a tristura nunha caixa de lata

decorada con flores e paxaros azuis

un fio de lembranzas a foto da muller

un idioma que canta e un olvido doente

para non regresar porque fuximos mortos

e o mar dentro de nós e a noite polo mar


a noite contra o vento


ali na beira agardan

exércitos armadosque non deixan pasar

e o faro ardendo alto sobre a illa das pombas


contra a illa das pombas

o vento entrando fura

a terra en corredores

secretos soterraños


as árbores quiemadas na banda do solpor

e polas rúas andan

desesperados bébedos

e mulleres profundas que preguntan ao mar


o mar era tan grande!


nós éramos todo

na noite contra o vento


a xete só di números:

trescentos afogados debaixo da cruz branca


             (Colección de espellos, ESPIRAL MAIOR- A Illa Verde 1994)