lunes, 18 de marzo de 2019

npgGaZeta :: npggazeta

npgGaZeta :: npggazeta



declaración de intencións

npgGaZeta é unha iniciativa que xurde no seo das agrupacións poéticas cidadás de base.
Nunha sociedade complexa e avanzada como a nosa, a poesía como espazo social é resultado e reflexo simultaneamente. Sostemos que a súa existencia mesma constitúe un ben común.

A poesía non é pequena, podes percorrela de norte a sur e de leste a oeste sen acadar xamais os seus confíns, porén habita entre nós cunha potencialidade desaproveitada en termos de aportación efectiva na achega de enriquecemento.

Por iso procuramos concorrer na ágora pública para pular polos nosos anceios: compartir diálogo e libertade, idiomas e cultura, expresión e comunicación, beleza e reflexión no taller da palabra.

A poesía non reside nun ámbito sublime e elevado desde o que alumea en abstracto.
Reside no cotián das mulleres e homes de aquí e de agora, ou non é poesía no sentido pleno.

Medre a Poesía¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario