JALISIA FANECAS de Diego Vites. Inauguración venres 23 de novembro a partir das 17:30 hs.
JALISIA FANECAS
23 de novembro – 7 de decembro de 2012.
Inauguración venres 23 de novembro a partir das 17:30 hs.
[Sesión DJ Manu Tf ás 20:00 hs.]
23 de novembro – 7 de decembro de 2012.
Inauguración venres 23 de novembro a partir das 17:30 hs.
[Sesión DJ Manu Tf ás 20:00 hs.]
Diego Vites (Galicia, 1986) presenta no FAC Peregrina a súa primeira montaxe expositiva individual na Península: Jalisia Fanecas; unha enunciación que se relaciona directamente coa idea de excedente que pon en acción o espazo proxecto artístico do Furancho de Arte Contemporánea, no seu ben entendido sentido de “abundancia desvalorizada” que é o que representan as fanecas coma botín de pesca.
Jalisia Fanecas é unha exposición de pintura construida dende a apertura que Diego Vites fai das cuestións da súa visibilidade, os seus límites e as súas condicións de produción materiais, as da pintura. Unha montaxe que pretende romper coa normal disposición lineal a favor dun percorrido que impón á mirada sobre a pintura esa mesma oscilación coa que o artista se move entre as múltiples linguaxes formais.
+ info: Diego Vites
No hay comentarios:
Publicar un comentario