E FIRMAMOS A CHAMAMENTO DE FUCO BUXAN
AC Fuco Buxán chama: aos seus socios e socias a participar activamente cos Sindicatos na formación dos Piquetes Informativos, preparación e organización da Folga Xeral , así mesmo a toda a cidadanía a participar na mesma, a converter as rúas o próximo día 29 nun berro masivo e unánime en contra dos recortes e da reforma laboral
Toda a política económica do goberno do PP: recortes sociais nos servizos públicos (sanidade, ensino, dependencia...), baixada de salarios, privatizacións, susténtanse na falacia neoliberal do déficit público como causante da crise. A austeridade é o disfraz coa que o Goberno do PP encubre esta politica de recortes, o espolio das rendas da maioría da cidadanía, para beneficiar á minoría – bancos e capital financeiro - que provocou a crise. Ao mesmo tempo o BCE, volve a poñer a disposición dos bancos un billón de euros para que sigan especulando e engordando a débeda do estado. As políticas neoliberais do Goberno do PP traerán máis paro, maior empobrecemento e recesión.
Velaí os seus efectos en Ferrolterra: a cifra de parados medra, a falla de carga de traballo de Navantia, (pricipal soporte da economía da bisbarra), augura un futuro incerto para miles de traballadores/as e da propia comarca, traballadores/as das auxiliares están a ser despedidos, peches de comercios, recortes nos servizos públicos e a un colectivo como o dos mariscadores se pretende expulsalos da ria.
So a resposta masiva e sostida dos traballadores/as, da cidadanía na Rúa poderá impedir a regresión histórica que nos deparan as políticas neoliberais do Goberno do PP. Sabedores disto, todo o aparato mediatico da dereita ao servizo dos bancos e da patronal, levan adiante unha campaña de desacreditación e deslexitimación dos Sindicatos, dos movementos sociais etc tentando confundir aos traballadores/as e a opinión pública para impedir o éxito da Folga Xeral.
A maioría dos sectores sociais sofren as agresións das políticas neoliberais, .A unidade sindical, a unidade das forzas da esquerda e progresistas, dos movementos sociais, son imprescindibles para a súa incorporación masiva as mobilizacións, o éxito da Folga Xeral.
AC Fuco Buxán chama: aos seus socios e socias a participar activamente cos Sindicatos na formación dos Piquetes Informativos, preparación e organización da Folga Xeral , así mesmo a toda a cidadanía a participar na mesma, a converter as rúas o próximo día 29 nun berro masivo e unánime en contra dos recortes e da reforma laboral