miércoles, 13 de octubre de 2010

as fermosas reflexións de Dores Tembrás

Poéticas e feminismos « Sucos: blog de Dores Tembrás




BlackDoresDoresDores
DoresDoresDoresDores
DoresDoresDoresDores
DoresDoresDoresDores
DoresDoresDoresDores
DoresDoresDoresDores
DoresDoresDoresDores

DoresDoresDores
DoresDoresDoresDores
DoresDoresDoresDores

Oito fíos entretecidos na miña poética. E para chegar a eles a revisión dalgunhas escritoras admiradas, de teóricas fundamentais, de referentes imprecindíbeis no feminismo en Galiza: XohanaTorres, M. Xosé Queizán, Pilar García Negro, Eva Veiga, Chus Pato, Ana Romaní, Marilar Aleixandre, María Reimóndez…

Fago unha escolma dos meus textos e ispo a engranaxe poética diante das universitarias e universitarios que nos van escoitar. Pero a premura, a precipitación.

Rosalía. O referente poético primeiro, as estrofas dos cantares fosilizados na memoria. A admiración pola sofisticación da orixe. E si, eu herdeira, filla, aí, recoñecendo a débeda, o discurso feminista que ela inventou para nós, e por riba do mundo a potencia poética de de Castro, o traballo extraordinario coa palabra, para descubrir que a vangarda/escrita entre os sucos.

Diapositivas a clareo. O eu poético infantil, testemuña de sete instantes do mesmo movimento. O modelo primeiro, a nai e o sacrificio, a herdanza, a reubicación imprescindíbel da muller no mundo. O ideal feminino que desboto, sen beleza de tísica, en favor da muller que coñezo, verdade. A TERRA, transversal, fundamento do que son, tamén na escrita. E chego a Beauvoir e ás demáis, e chego á teoría por elas, polas que me preceden, as que me compoñen, as que nunca escoitaron eses nomes.

O pouso do fume. A perfección que doe no río d’abaixo, o biscoito de G. Sand (“É máis difícil facer un biscoito que escreber unha novela”) e a miña proposta de que todo sexan competencias, a imposibilidade de renunciar a un legado que se me transmitiu como integrante da tribo, da xenealoxía de esfolladoras. Renuncia = traizón. Daquela as mans fortes/que tantas bolas de ovo fixeron, daquela restaurar o lugar que lle corresponde ao matriarcado anónimo, daquela o zurcido emblema.


Powered by ScribeFire.

No hay comentarios:

Publicar un comentario