lunes, 19 de abril de 2010

A LAREIRA MAGNETICA, presenta Carlos Santiago

SAUDE AMIGO CARLOS


Despois da estrea no Dado Dadá, con completa satisfacción do autor pola electricidade cómplice do público, volve A Leira Magnética aos palcos nocturnos, desta volta nun dos locais clásicos do electromagnetismo oral e narrativo, o Pub Atlántico, sito na ilustre Fonte de San Miguel, onde en tempos adoitaban tomar pousada bohemios de verbo áxil como Francisco Añón ou Curros Enríquez.
Dentro da programación dos "Contos do Atlántico", na que xa expuseron argumentos varios monstros sagrados da nosa escena narrativa como Celso Sanmartín, José Campanari, Paula Carballeira ou Quico Cadaval, ou a narradora uruguaia Soledad Felloza, tócame a honra  coa miña conferencia sobre física cuántica e identidade electromagnética, na que tentarei someter unha vez máis a actualidade a unha entretida radiografía por ver de lle catar as pulgas.
A lingua, a crise, o caciquismo endémico ou o Ano Santo Xacobeo, serán algúns dos fenómenos electromagnéticos analizados nesta disertación científica que apenas pretende deitar algunha luz sobre os profundos misterios da Leira Magnética, esa confusa entidade que semella estar na base da nosa xenética cultural.
Alí vos espero por tanto, mañã martes día 20 de Abril, a partir das dez, que non é tarde se o ánimo é bo, con esta escolma de monólogos apostólicos, económicos e galaicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario